27/6/11

XA REMATOU O CURSO


Durante todo o curso fixemos moitas cousas traballos,excursións...tivemos pegatinas de cores vermello,verde,amarelas,azul pegadas nas mesas para facer os traballos para elexir unha cordinadora ,somos xustos e vai a votación.Divertímonos moito facendo bailes,obras de teatro...As excursións son moi,moi,moi divertidas. Hai pandillas de amigos no recreo. Algúns ensaian o baile, outros xogan ao fútbol,ao brile... !PERO SEMPRE ESTAMOS XUNTOS!

26/6/11

ATA SEMPRE UXIA




Dende fai varios meses, Uxia comunicounos que se ía do colexio, a estudar a donde o fixeron os seus pais. Está moi contenta porque vai a facer novos amigos, pero tamén está algo triste porque abandona aos compañeiros de toda a vida, dende os tres anos. Todos estamos dacordo en que é unha estudante modelo, pero tamén unha alumna e compañeira excelente: alegre, simpática, cariñosa, bondadosa, comprensiva e que axuda sempre a quen o necesita. Polo tanto a morriña non é só túa Uxía, senón de todos nos.


MOITA SORTE NO TEU NOVO COLE!!!!!


(AH!, e ven a visitarnos.)



21/6/11

O HOME DO PELO DE PUNTA



Unha vez, no tempo de Maricastaña, había un home que quería ser o home co pelo de punta máis longo do mundo. Un día, ía pola rúa e atopou unha perruquería, entrou e dixo:
- Señora, vostede podería facer que o meu pelo medrara moito, moito máis?

A perruqueira respostou:

- Si, claro.

Pero deulle o xel equivocado e cando llo botou, quedou calvo de todo.

O home tanto chorou que lle creceu o pelo e acadou o seu soño.

Daniel Romero, 4º B. (NA IMAXE ESCALANDO).

OS ALUMNOS QUE NON NACERON EN MUROS



Na aula de4º b hai tres alumnos que non naceron en Muros: Joey, procedente de New Jersey (EE UU), Alejandra, que naceu en Venezuela e Christian, que chegou este ano de Fuerteventura, nas Illas Canarias. Neste mapa do mundo tedes sinalados en verde os puntos de donde proveñen. Fixádevos que lonxe!!!!! Para que o teñades claro, Muros está sinalado en vermello.

EXCURSIÓN A NATURMAZ



Hola somos tres alumnas de cuarto b ( Irene , Fatima e Cecilia ) O outro dia fomos a excursión de fin de curso , A NATURMAZ ! Ali habia un tigre,cabalos,ovellas,cans... Fixemos tiro con arco,escalada,xogos no picadeiro e... TIRAMONOS NA TIROLINA MAIS GRANDE DE ESPAÑA!!!!!!!!!!!!!!! Primeiro dividimonos uns con tiro con arco mentres que outros en escalada, e outros no picadeiro, xogando. Despois de comer fomos a tirolina, uns quedaron atrancados no medio ,choraron ,gritaron pero o final...TODOS PASAMOLO XENIAL!

17/6/11

Breogán o antigo rei celta



Ola, son Gloria unha nena de cuarto b.Durante o cruso a mestra Mamen mandounos investigar sobre o antigo rei celta Breogán.
El era o rei de Britania(agora chamada A Coruña) na que mandou contruir unha torre en honor a os seus fillos(agora chamado O Faro de Hercúles).Desde ela divisou algo que fixo que Breogan pasa a historia. Aquí expoño un traballo da compañeira Fátima.

Bueno non vos vou contar mais teredes que ler os nosos traballos.Un saudo Gloria

ENQUISA DE CONSERVACIÓN DE ECOSISTEMAS



Somos VINTO E CECI de cuarto b e fixemos un duro traballo sobre como se conserva o medio ambiente en Muros. Según esta enquisa : de sesenta habitantes de Muros , obtemos os seguintes datos .

A maioria das persoas ten varios colectores de lixo na casa e saben en que colector tirar o papel , o vidro ou unha lata de refresco .
-Case a metade dos enquisados utilizan algún producto ou material como os tarros de cristal das conservas .

-Un pouco máis da metade dos participantes coñecen algún punto limpo en Muros , pero moitos máis coñecen espazos protexidos .

-Un tercio di que deixa o coche na casa para ir camiñar pola vila . Aínda así a maioria emprégao a veces .

-Corenta das setentas enquisadas están dacordo cos paros biolóxicos .

-So cinco persoas pensan que se deben talar moitas árbores.

Por último, diremos que as mulleres reciclan máis que os homes. Así que, tomade nota!!!!