27/6/11

XA REMATOU O CURSO


Durante todo o curso fixemos moitas cousas traballos,excursións...tivemos pegatinas de cores vermello,verde,amarelas,azul pegadas nas mesas para facer os traballos para elexir unha cordinadora ,somos xustos e vai a votación.Divertímonos moito facendo bailes,obras de teatro...As excursións son moi,moi,moi divertidas. Hai pandillas de amigos no recreo. Algúns ensaian o baile, outros xogan ao fútbol,ao brile... !PERO SEMPRE ESTAMOS XUNTOS!

26/6/11

ATA SEMPRE UXIA




Dende fai varios meses, Uxia comunicounos que se ía do colexio, a estudar a donde o fixeron os seus pais. Está moi contenta porque vai a facer novos amigos, pero tamén está algo triste porque abandona aos compañeiros de toda a vida, dende os tres anos. Todos estamos dacordo en que é unha estudante modelo, pero tamén unha alumna e compañeira excelente: alegre, simpática, cariñosa, bondadosa, comprensiva e que axuda sempre a quen o necesita. Polo tanto a morriña non é só túa Uxía, senón de todos nos.


MOITA SORTE NO TEU NOVO COLE!!!!!


(AH!, e ven a visitarnos.)



21/6/11

O HOME DO PELO DE PUNTA



Unha vez, no tempo de Maricastaña, había un home que quería ser o home co pelo de punta máis longo do mundo. Un día, ía pola rúa e atopou unha perruquería, entrou e dixo:
- Señora, vostede podería facer que o meu pelo medrara moito, moito máis?

A perruqueira respostou:

- Si, claro.

Pero deulle o xel equivocado e cando llo botou, quedou calvo de todo.

O home tanto chorou que lle creceu o pelo e acadou o seu soño.

Daniel Romero, 4º B. (NA IMAXE ESCALANDO).

OS ALUMNOS QUE NON NACERON EN MUROS



Na aula de4º b hai tres alumnos que non naceron en Muros: Joey, procedente de New Jersey (EE UU), Alejandra, que naceu en Venezuela e Christian, que chegou este ano de Fuerteventura, nas Illas Canarias. Neste mapa do mundo tedes sinalados en verde os puntos de donde proveñen. Fixádevos que lonxe!!!!! Para que o teñades claro, Muros está sinalado en vermello.

EXCURSIÓN A NATURMAZ



Hola somos tres alumnas de cuarto b ( Irene , Fatima e Cecilia ) O outro dia fomos a excursión de fin de curso , A NATURMAZ ! Ali habia un tigre,cabalos,ovellas,cans... Fixemos tiro con arco,escalada,xogos no picadeiro e... TIRAMONOS NA TIROLINA MAIS GRANDE DE ESPAÑA!!!!!!!!!!!!!!! Primeiro dividimonos uns con tiro con arco mentres que outros en escalada, e outros no picadeiro, xogando. Despois de comer fomos a tirolina, uns quedaron atrancados no medio ,choraron ,gritaron pero o final...TODOS PASAMOLO XENIAL!

17/6/11

Breogán o antigo rei celta



Ola, son Gloria unha nena de cuarto b.Durante o cruso a mestra Mamen mandounos investigar sobre o antigo rei celta Breogán.
El era o rei de Britania(agora chamada A Coruña) na que mandou contruir unha torre en honor a os seus fillos(agora chamado O Faro de Hercúles).Desde ela divisou algo que fixo que Breogan pasa a historia. Aquí expoño un traballo da compañeira Fátima.

Bueno non vos vou contar mais teredes que ler os nosos traballos.Un saudo Gloria

ENQUISA DE CONSERVACIÓN DE ECOSISTEMAS



Somos VINTO E CECI de cuarto b e fixemos un duro traballo sobre como se conserva o medio ambiente en Muros. Según esta enquisa : de sesenta habitantes de Muros , obtemos os seguintes datos .

A maioria das persoas ten varios colectores de lixo na casa e saben en que colector tirar o papel , o vidro ou unha lata de refresco .
-Case a metade dos enquisados utilizan algún producto ou material como os tarros de cristal das conservas .

-Un pouco máis da metade dos participantes coñecen algún punto limpo en Muros , pero moitos máis coñecen espazos protexidos .

-Un tercio di que deixa o coche na casa para ir camiñar pola vila . Aínda así a maioria emprégao a veces .

-Corenta das setentas enquisadas están dacordo cos paros biolóxicos .

-So cinco persoas pensan que se deben talar moitas árbores.

Por último, diremos que as mulleres reciclan máis que os homes. Así que, tomade nota!!!!

IREA ESCRIBE UNHA CANCIÓN DE MUROS

EU DE MUROS AUSENTEIME

Eu de Muros ausenteime

moi lonxe fun a vivir

pasei a vida chorando

e suspirando Muros por ti.



Xa non seicantar

xa non sei rir.

Sen ariños de Muros

xa non sei cantar,

xa non sei rir.



Airiños, airiños, aires

aires como eles non vin

sen os airiños de Muros

xa non sei cantar

xa non sei rir.



IREA LÓPEZ LAGO

10/6/11

OS TRABALLOS DE MUROS



l


Na clase fixemos grupos para facer traballos da nosa vila Muros:
O grupo vermello, que son Juan, Rubén, Alejandra e Victoria fixérono sobre a pesca.
O azul que son Christian, Irene, Uxía e Vinto fixérono sobre as paisaxes.
O verde que son David, Irene, Fátima e Daniel fixérono sobre o patrimonio cultural.
O marrón que son Cecilia, Gloria, Joey e Lucas fixérono sobre as festas e os servizos.
O amarelo que son Irea e Ángel fixérono sobre as localidades.
Quedaronnos de maravillla e agora que terminou o curso levámolos para a casa sorteando.
Uxía Ramos Lestón 4º b

9/6/11

MARUXA POETISA





A nosa compañeira Maruxa gañou un premio no Certame Literario que se celebrou por mor das Letras Galegas. Podedes ver que poema tan fermoso escribiu no blog de d

7/6/11

RUBÉN FÁLANOS DE FÚTBOL



Como xa sabedes, na aula practicamos expresión oral porque, ainda que somos faladores, a veces danos vergoña falar en público. Como Rubén, a parte de bon futbolista, é un experto no tema, falounos un anaquiño e...fixémoslle moitas preguntas. Aquí o tedes.






1/6/11

A CAMIÑATA A LOURO









QUE CANSOS QUEDAMOS!!!! CAMIÑAMOS DE MUROS A LOURO E FIXEMOS UNHA PARADA PARA VER PETROGLIFOS.

"A AULA DE TÓCAME ROQUE"










Aquí tedes algunhas fotos da obra que representamos os alumnos de 4º A e 4º B na Casa Da Cultura en Muros. Pasámolo moi ben e aprendemos moito.